11 oct 2010

A marabillosa Historia

O lóxico é empezar polo principio. E o principio é coñecer a ciencia que imos estudar. A marabillosa HISTORIA. Dela aprenderemos moitas cousas do pasado que nos van  valer para a nosa vida do século XXI. Non o dubidedes  

Qué significa Historia: A palabra historia deriva do grego ἱστορία (traducible por "investigación" ou "información", coñecemento adquirido por investigación), do verbo  ἱστορεῖν ("investigar"). De alí pasou ao latín historia, que en castelán antigo evolucionou a estoria (como testemuña o título da Estoria de España de Afonso X o Sabio, 1260-1284) e se reintroduxo posteriormente no castelán como un cultismo na súa forma latina orixinal. 

Qué é a Historia: a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais. Denomínase tamén historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade.

Na mitoloxía grega, Clío era a musa ou deusa protectora da Historia, ademais da poesía épica. Aquí aparece observando antes de anotar no seu libro, desde un carro alado cuxa roda é a esfera dun reloxo.